ECOSISTEMA COOPERATIVO PARA UNHA ECONOMÍA XUSTA

FairCoop é unha plataforma internacional de colaboración de activistas, movementos sociais e de economía solidaria que poñen en común os seus coñecementos e necesidades para xeral solucións e ferramentas a disposición de quen as necesite. O obxectivo: crear un sistema socioeconómico alternativo ao capitalismo. Non é unha teoría, está a funcionar. 

ECOSISTEMA FAIRCOOP

Faircoin

FairCoin é o diñeiro que FairCoop utiliza neste novo sistema socioeconómico. É un diñeiro non controlado polos bancos nin polos Estados, que a nós válenos porque o aceptamos como moeda de cambio.

Get Faircoin

Faircoin, como calquera outra moeda, obtense fundamentalmente a cambio de bens ou servizos. En getFairCoin podes tamén conseguilos en liña. Por favor, le antes detidamente o tutorial sobre FairCoin.

Freedomcoop

Unha cooperativa de autoemprego de ámbito europeo conectada a FairCoin. Reúne a persoas, cooperativas e colectivos facilitando o manexo das súas finanzas dunha forma ética fora do alcance de sistemas e estados carentes dela.

Fairsaving

É un servizo de aforro que ofrecemos en FairCoop a aquelas persoas que queren ter os seus FairCoin gardados de forma segura e sen preocuparse de instalar un moedeiro.

Use Faircoin

Comercios e servizos que aceptan FairCoin como moeda de cambio en diferentes localidades de todo o mundo. Estes comercios teñen dereito a cambiar os seus FairCoin a outra moeda se chegan a necesitalo.

Fair Market

Mercado internacional no que se ofrecen bens e servizos que se poden adquirir con FairCoin. Así, podemos ir independizándonos do euro.

Freedomcoop

FairCoop é socio fundador de Bank of the Commons, unha iniciativa cooperativa aberta para transformar a banca, os pagos e os sistemas monetar

Fairpay

Kit de ferramentas financeiras. Focalizado en construír unha economía postcapitalista facilitando a conexión entre Faircoin e diñeiro en efectivo no mundo.

FairCoop

Desde aquí accedes á versión internacional de Faircoop, ecosistema cooperativo da Terra para unha economía xusta.