Alá onde agroman as herbasCada vez máis xente é consciente de que as moedas electrónicas viñeron para quedar. Aceptar o pago de bens ou servizos neste tipo de diñeiro é importante para non quedar fóra de xogo. Con todo, os principais obstáculos para que esta aceptación sexa masiva son dúas:

1) A diversidade de moedas electrónicas que actualmente hai en escena.

2) A extraordinaria volatilidade que as caracteriza.

Respecto ao punto 1 o asunto é relativamente sinxelo se eliximos unha moeda que sexa amplamente coñecida e utilizada. Pero o punto 2 é máis grave. Ao aceptar o pago cunha moeda electrónica hai que asumir que o seu valor pode subir pero tamén baixar de forma abrupta e considerable. Isto é un asunto crucial para moitos tipos de negocios que non poderían asimilar as potenciais perdas dunha fluctuación tan brusca.

Artículo disponible en castellano en: La música se hace amiga de FairCoin

This article is also available in english: Music befriends FairCoin

A MÚSICA É IMPORTANTE PERO TAMÉN DELICADA

O traballo creativo de quen se dedica á música é tan delicado como as ás dunha bolboreta. Non só é complicado facerse un oco nun campo tan extraordinariamente mercantilizado senón que é moi difícil mensurar e cuantificar todo o traballo que hai detrás dunha composición musical. Por tanto, aceptar moedas electrónicas como pago por este traballo é especialmente complicado. E, aínda así, é totalmente necesario asumir que cada vez máis xente utiliza estas formas de diñeiro.

Afortunadamente, Faircoin é unha moeda electrónica sostida por unha potente comunidade activista que ama a xustiza social e valora o traballo artístico e creativo. Esta comunidade, FairCoop, dota dun sentido profundo a esta realidade monetaria e consegue levar a efecto uno dos logros máis notables no novo campo das criptomonedas ou moedas electrónicas descentralizadas: dotala dun valor estable aínda que progresivamente crecente. É o compromiso asumido por FairCoop, que a súa moeda xusta sexa estable, aumente de forma progresiva e realista o seu valor e nunca se devalúe. Este logro mantense desde hai 3 anos e non hai indicios de que vaia a deixar de ser así.

Por todo o anterior Faircoin é unha moeda ideal para quen se dedica á música, para ofrecer o seu traballo a cambio dun valor seguro e confiable. Así o entendeu Sofía Espiñeira, unha das cantautoras galegas con máis proxección de futuro. Esta artista multidisciplinar: bailarina, artista circense, actriz e cantautora é a rotunda gañadora do Certame de Canción de Autor, Teo (2015) e quixo ofrecer o seu primeiro traballo discográfico en FairCoin a través de FairMarket: Alá onde agroman as herbas.

Sofía Espiñeira escribe letras que teñen un peso específico moi importante e vístelas dunha música que fai vibrar ata as profundidades da alma e móveche a bailar, suavemente, coma se arroláseche a salgada brisa mariña da súa Mugardos natal nunha tarde de primavera. Finalmente, as súas cancións levan o selo dunha voz clara, impecable, próxima e amorosa, ideal para transmitir a súa potente mensaxe coma se fose un agasallo inesperado. Podes ver o seu perfil en Use. Fair- Coin: Sofía Espiñeira. Por diante ten un futuro tan brillante como as ideas que se constrúen e crecen cada día ao redor de FairCoop.

MÚSICA POLA LIBERDADE

Un dos grandes eixos da explotación das elites sobre a maioría da xente é o poder económico. As moedas electrónicas descentralizadas abriron unha brecha no monopolio do control do diñeiro. FairCoop é unha comunidade aberta, horizontal e autogestionada entre iguais. FairCoin é a moeda que utiliza para transmitir valor e confianza nos seus intercambios económicos. Hai moito futuro para a arte e a música nun mundo libre e somos cada vez máis os que entenden que o futuro só pode construírse en liberdade. O paso dado por Sofía Espiñeira aceptando FairCoin polo seu traballo creativo fainos comprender aínda máis que este futuro de liberdade terá moita música. Estamos a velo, o futuro é xa presente. Acompáñao con estas hermosísimas cancións das que aquí che deixamos unha mostra: