FairCoin

Qué é FairCoin?

Faircoin é unha moeda virtual, creada mediante unha modificación do algoritmo do Bitcoin de tal forma que non necesita unha inmensa enerxía para ser creada nin para manter a rede; de feito, FairCoin co seu revolucionario algoritmo “Proba de Cooperación” é probablemente a moeda virtual máis ecolóxica que existe. A creación desta moeda realizouse mediante un proceso totalmente transparente e matematicamente preciso. Actualmente (por consenso da comunidade, como sempre) deixaron de crearse novas moedas e hai, para sempre, ao redor de 53.000.000 de Faircoin.

Faircoin é totalmente segura, infalsificable e incorruptible. Fácil de gardar e protexer, practicamente imperdible. E, o que é máis importante, totalmente incontrolable por calquera Estado ou sistema financeiro á marxe dos propios usuarios.

Faircoin conséguese como calquera outra moeda, a cambio de bens ou servizos. A comunidade ao redor de Faircoin continúa traballando na creación de ferramentas e sistemas ao servizo da xente, o cooperativismo, o comercio ético e as comunidades autoxestionadas. O obxectivo é substituír con todas as vantaxes ás moedas “oficiais” e eludir calquera control sobre a vida e a economía das persoas.

Naturalmente, para crear unha comunidade forte, fai falta atender ás diferentes necesidades das persoas que a compoñemos. Non todo o mundo está preparado ou ten a oportunidade de eliminar totalmente o diñeiro controlado polo Estado. Así que debemos ofrecer a oportunidade de poder cambiar a Euros os Faircoin dos comerciantes que apoien o uso de Faircoin pero aínda precisen transformalos a esa moeda. Isto está a funcionar adecuadamente; grazas á xente que decide obter Faircoin a cambio de Euros dispoñemos de suficiente liquidez para proporcionarlles o cambio inverso a quen teña necesidade diso. E sempre a un cambio oficial estable. Isto supón unha gran tranquilidade para calquera, a diferenza do que sucede con outras moedas virtuais que fluctúan de acordo cos caprichos dos mercados especulativos.

Pola mesma razón, o seu prezo estable garantido pola comunidade, é un medio ideal para manter unha reserva de valor. Fronte ás manobras dos estados e as súas moedas oficiais, desvalorizacións, corralitos, bloqueos e embargos de contas bancarias; mesmo se a moeda oficial dun Estado derrúbase ou a fan derrubarse… Faircoin mantén o seu valor grazas a que a comunidade que a sostén outórgalle credibilidade e estabilidade.

Cómo obter FairCoin?

Con FairCoin ti es o teu propio banco. Ninguén máis que ti terá control sobre o teu diñeiro. Como se trata dunha moeda electrónica debes contar cunha aplicación que chamamos “moedeiro” ou “wallet” para dispoñer delas e usalas. Obter e manexar o teu propio moedeiro é extremadamente fácil.

Este breve *tutorial móstrache os conceptos básicos sobre moedeiros Faircoin, incluíndo a opción de facerche un moedeiro de papel se non vas usar os teus FairCoin de forma inmediata. Naturalmente, tamén podes usar o servizo FairSaving.

Tendo claro o que é un simple moedeiro FairCoin xa podes obter as túas primeiras moedas en  getFairCoin ou ben ofrecer produtos e servizos a cambio de FairCoin. Dispós dun directorio de sitios que aceptan FairCoin ao que podes apuntarche. Ou crear una tenda en liña gratuitamente para contar cun escaparate aberto ao mundo.

No Nodo Galiza axudarémosche en todo o que necesites. Mira aquí as formas de contactar.

MONEDEIROS FAIRCOIN

Para dispositivos móbiles

  • Android Wallet: descárgao desde a Google Play Store ou neste repositorio oficial (requirirá que configures o teu móbil para permitir instalar aplicacións de fontes descoñecidas ou sexa, as que non proveñen da tenda de Google).
  • Electrum para Android: descárgao no noso repositorio oficial. Apunta coidadosamente as palabras que se mostran ao facer a instalación; serven para rexenerar o moedeiro en caso de perda.
  • iOS Wallet: No dispoñible aínda.


Moedeiros web
(non precisan instalación)

Para PC

  • Electrum para FairCoin pódese descargar AQUÍ  (elixe o que corresponda ao teu sistema operativo). Electrum para FairCoin é un moedeiro seguro e fácil para Windows, Mac, Linux e Android.
  • Faircoin Core (Full Node Wallet). Descárgao do repositorio.  Elixe o teu sistema operativo (Windows, Linux, Mac o Raspberry Pi) e non esquezas gardar a copia de seguridade (wallet.dat) fora do teu  computador. Tras a instalación pode tardar algún tempo en sincronizarse coa cadea de bloques ou blockchain. Non fagas transaccións ata que se complete ese proceso.

Todos os nosos moedeiros oficiales son de código aberto (opensource).

Copia de seguridade

É moi importante ter unha copia de seguridade das claves privadas do teu moedeiro. A copia de seguridade faise buscando no menú do moedeiro “seguridade” e a opción de “copia de seguridade”. Unha vez feita debe gardarse fose do dispositivo no que está instalado o moedeiro. Así, no caso de que se averíe ou perda o dispositivo sempre se pode recuperar nunha instalación nova usando a copia de seguridade. O arquivo xerado como copia de seguridade vai cifrado cun contrasinal. É fundamental que non esquezas ese contrasinal. Le algunha información sobre  contrasinais seguros.Tamén é conveniente que utilices algún xestor de contrasinais como Keepass ou Clipperz.

No caso dos moedeiros Electrum o sistema para apoialos consiste nunha lista de 12 ou máis palabras que deberás gardar en sitio seguro.

Para rexenerar un moedeiro tras instalalo de novo ou transladalo a outro dispositivo só é necesario buscar a opción de rexenerar a partir dunha copia de seguridade. No caso de FairCoin Core é substituír o arquivo wallet.dat no cartafol da instalación (.faircoin2). Os moedeiros Electrum rexenéranse escribindo as 12 palabras de seguridade chamadas semente.

Desde os nodos locais ou contactando a través dos grupos de Telegram terás toda a axuda que precises e moita xente disposta a resolver calquera dúbida que se presente.