FairSaving

FairSaving é un servizo de FairCoop creado para custodiar de forma segura os FairCoin de quen desexa non ocuparse de ter o seu propio moedeiro. Cando obtés FairCoin a través de getFairCoin podes elixir esta opción.

Os teus FairCoin serán depositados nun moedeiro multifirma de tal forma que poidas dispoñer deles cando o necesites, pero será FairCoop quen se ocupe do seu garda e seguridade. Desta forma hai un dobre beneficio:

  • Os teus FairCoin están a salvo de calquera fallo ou erro que unha persoa poida cometer co seu moedeiro; o cal tampouco é algo usual pero ofrece un plus de comodidade, seguridade e despreocupación.
  • O ecosistema FairCoop benefíciase pois eses FairCoin permanecen dentro da comunidade; non son vendidos en mercados especulativos e isto contribúe a nosa estabilidade e crecemento.

Cando a persoa necesite utilizar os seus FairCoin basta con comunicalo vía email a admin [arrouba] getfaircoin [punto] net e serán depositados no moedeiro persoal que indique a persoa propietaria do depósito.