Recentemente inauguráronse os Foros de FairCoop. O Nodo Galiza ten o seu propio; un marco ideal para comentar, preguntar, debater e tratar calquera tema de interese. Esta é a dirección:

https://forum.fair.coop/c/local-nodes/galiza-node

Desde a páxina principal podedes acceder a outras categorías.

Esperamos que esta ferramenta sexa un medio para manter interesantes comunicacións e avanzar firmemente na creación dunha alternativa máis xusta ao capitalismo imperante. Estamos ao facer. Participa e sigamos construíndoo entre todas.