O vindeiro 21 de outubro FairCoop participará nunha charla coloquio sobre “Proxectos de vida para a transformación social”.
Será ás 19:00 no Centro Social A Devesa de Salceda de Caselas (Pontevedra) no marco das “Xornadas de Conciencia Ecolóxica: ferramentas para a transformación social” organizadas pola Asociación TrezeCatorze e Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, co financiamento do Concello de Salceda de Caselas e Cooperación Galega da Xunta de Galicia.